E aquí se descubre o pastel con Noruega. 

E aquí se descubre o pastel con Noruega.
Aquí se descubre porque non hai interés en forzar a Noruega a unha mesa bilateral para darlle solución a Asociación ex- marinos Noruegos Long Hope (entroutras cousas…)
Aquí se descubre o pastel e a razón do borrador do Ministerio de Agricultura e Pesca do PP, e do silencio e complicidade da Sra. Rosa Quintana e equipo.
Aquí se descubre porque intentaron comprar o silencio dos homes e mulleres da Long Hope xusto agora, ás portas das eleccións, despois de anos sen atendelos.
Aquí se descubre a complicidade do Sr. Feijóo nun proxecto que o que busca é abrirlle as portas ao negocio noruego, poñendo en perigo a pesca e o marisqueo artesanal… e logo din que o sector ve pantasmas onde non os hai? E logo din que non hai razón para preocuparse?
Esta noticia é un escándalo e deberíades compartila ata a saciedade, para que todo o mundo entenda dunha vez por todas que o plan establecido e marcado rumbo polo Ministerio e Xunta é o que é: promocionar a acuicultura industrial noruega. Lede con atención

12

 

Be the first to comment

Deja un comentario.